CAST / GAL

A luz eléctrica
Manuele, 62, Ferrol

A propia sombra adiantoulle na primeira farola, na segunda.... Na terceira, a sombra, rebasouno máis a presa se cadra. Tremeu.
Canto máis pedaleaba, más rápido lle sobrepasaba e desaparecía. Non daba creto. Aturullouse.
Abandonou a estrada con urxencia, meténdose no monte. Coa bicicleta ao lombo, atravesou a noite ata chegar á casa. Viña de ollar ao mesmo demo.
Ao día seguinte soubo que a víspera fora inaugurado o alumeado eléctrico nas farolas recén erguidas pola beira rúa da carreteira.
Compartir: