CAST / GAL

Soñar para sentirse vivos
La expresión de los ojos grises, 39, A CORUÑA

Soñar para desfrutar; soñar para imaxinar; soñar para desconectar da realidade cando se fai dura de máis; soñar para crear un mundo ideal, cheo de ledicia e exento de dor; soñar para estar rodeados de rapaces sorrindo e aprendendo a cada paso; soñar en recuperar esa inocencia de neno;soñar para ser mellores persoas; soñar para ter presentes ós que partiron a un lugar mellor; soñar para poder sentir de novo as súas apertas e os seus aloumiños; soñar para agradecer...soñar en definitiva para sentirnos vivos.
Compartir: