He participado en #GadisMicrorrelatos | Microrrelatos Gadis
CAST / GAL

Santiago, 43, Santiago de Compostela

Finalista

Debaixo da máscara, nunca faltou un sorriso. Sempre unha palabra amable, ese recoñecer a cada cliente co seu nome. "Que tal, señor Anselmo? Como está a súa dona?"; "Leve hoxe xarda, Rosa, que está moi boa"; "Vote o hidroalcohol antes de entrar, Serafín, que temos de sobra!"; "Non se me peguen tanto, veciños, que nos queremos todos moito pero hai que manter a distancia social!". Todo para axudar a facer do súper un lugar seguro e de confianza para todos. Durante o que durou a pandemia, na desescalada e moito, moito despois, agradecéronllo sempre no barrio. Foi, tamén, un heroe.
Compartir: