CAST / GAL

lisardo.villanueva@me.com
Louiville, 53, Vigo

Súo. Pingas grosas esvaran pola caluga. Noite pecha e insomne. Non logro saír da habitación, abafo. Fíos de luz entran polas rendixas malia que a negrura asulaga o espazo. Premo as fazulas coas mans abertas para fuxir deste soño descoñecido mais a imaxe dos ollos miúdos volve unha e outra vez. Sei que durmo pero estou preso do pesadelo. Sobe a temperatura de todo, abafo. Un líquido espeso e morno píngame na espalda. Non podo máis, abafo. Saio e abro a porta. Á fin entra o ar, ladran os cans fóra. Maldito verán!
Compartir: