CAST / GAL

Ceo, Xestas, Vento e Mar
Chusi, 37, Marín

Só, pechei os ollos.

Fixen unha capa co vento que me permitía voar.
Tecín unha coroa con xestas que deume a forza do meu camiño gobernar.
Tireime ao mar, que frío, mais xentil, cubreu meu corpo de sal.
Tireime na area e sete veces o Sol quentou; sete veces a Lúa baixou e me bicou.
Así pecharon as miñas feridas co sal, os bicos e a calor.

Pechei os ollos; disfrutei de voar, de gobernar, de sanar.

Espertei sen capa, sen coroa e sen sal, mais ao meu carón estaban: Lúa, Sol, Xestas, Vento e Mar.
Compartir: