CAST / GAL

Quen entende o presente?
Manscurtas, 29, Trazo

Finalista

Son as catro da tarde. Esperto dun pequeno sono e escoito unha música que quere asemellarse ao canto dos paxaros. Ven do cuarto do meu pai. Miro cara a miña fiestra e vexo unha pardais moverse polo tellado do pallote. Ao lonxe unha pega alza o voo. O vento move as árbores que están preto e dun xeito harmónico move as que se atopan no monte. Que busca meu pai nesa gravación que non atope abrindo a súa fiestra? Quen entende por que queremos poñer a tecnoloxía por enriba da natureza?
Compartir: