CAST / GAL

Danza da brisa no bosque
Prometeo, 52, Oleiros

Deitada no prado, mira o desfile de nubes fronte á cortina azul do ceo. No bosque, as follas dos bidueiros centenarios bailan danzas cun ritmo suave. O contacto dunhas contra outras semella prender a chispa que faría mover o mundo. Unha brisa silandeira. Un quedo murmurio move ás polas vestidas de liques e musgos, e aínda con follas rebeldes e verdes da primavera, diante dun outono a asomarse. Entre herbas e flores, agroman plantas de ourego salvaxe, de manzanilla, de menta… Ceibando un arrecendo que embriaga. Todo parece un convite a unírmonos á danza da brisa na montaña.
Compartir: