CAST / GAL

Un día sen sentido
Sabela Peiraos, 19, Redondela

O curso seguía o seu curso, xunto ás súas compañeiras ía pasando de autor en autor sen pena nin gloria, nunca lle chamara a atención iso da arte.
Nese mesmo día, no preciso día que tropezara co moble da entrada ao saír da casa, chegaran a Dalí. Naquel preciso momento estoupou, quen se crerá ese lacazán para retratar os soños! Que podía ser máis soberbio que romper a sagrada liña que separa o onírico do terrenal? Acaso era el máis que o resto?
En fin, non fora un bo día, as cousas como son.
Compartir: