CAST / GAL

A CAIXA FORTE
Maral, 46, Rianxo

Cando descubriu o contrasinal da caixa forte soubo que a calma tinguiriase de terror. Sempre que entraba naquel misterioso cuarto, ela tornabase en imán da súa mirada. Dende cativa tiñaa enfeitizada. Emporiso a curiosidade foi medrando á mesma velocidade que as malas herbas na horta.
Pero chegou o momento da revolución. Tocou danzar cos números. Mais grazas a infinita quietude, abrangueu o baile do éxito.
Levantou con fraxilidade a tapa. As máns en continuo tremor. O corazón apunto de aterrarlle nos pés.
O achado deixouna abraida e sen fala.
Unhas senlleiras tesoiras de xastre, con tatuaxes de sangue, pregaban xustiza.
Compartir: