CAST / GAL

O Cloroformo 1952 / alucinacións psicodélicas
Pepaloba, 66, A Coruña

A ventá abriuse con estrondo e penetrou un aire xélido e putrefacto, irrumpiu de súpeto na sala de partos unha fada vestida de loito; levaba corpiño negro de encaixe sobre saia de damasco, unha capa de tul a arrodeaba como un neboeiro de tormenta, coroa de diamantes e ollos de furia.
Falou con voz enardecida polo odio : "terás un corazón que se voltará negro como o azibeche ao cumprires os sete anos"

As fadas madriñas botaron fora do cuarto a fada maligna.
A parturienta sentiu o sabor da cinza nos beizos, na gorxa mentres musitaba : "non Suni, non"
Compartir: