CAST / GAL

Sueños de superficie
Brentxo, 43, Vigo, Pontevedra

O soño aínda inunda a cuberta vella e sucia da embarcación, onde o mariñeiro trata de recuperar a presenza de espirito. Foi unha noite dura, sen pesca, solo Antón picou no señuelo dunha botella de Whisky que sempre leva agochada entre os aparellos. O último que lembra, é botar o áncora preto da costa, nunha noite escura, só iluminada pola brétema espesa da mar. Co corpo maltreito, incorpórase suxeitándose na borda do barco. Outea o horizonte, a brétema xa non está, terra tampouco. O rizón garrexou e Antón, outra vez, vai a deriva, un soño do que non esperta.
Compartir: