Eu non sei.
Montserrat, 65, A Coruña
Miro pola fiestra. Chove? Quenta o sol? Vai vento? Non vexo nada. Non sento ren. Collo un libro e leo sen ler.
Non sei o que di. Ando pola casa barrenando, sen xeito nin maneira, buscándote nas miñas ideas. Pecho os ollos, revivo o tempo que pasamos xuntas, aqueles tres meses inesquecibles, no país do sol nacente. De súpeto, atópome sorrindo, algunhas veces chorando e outras... queda, inmóbil, coa mirada ao lonxe. Salgo da casa. Por fin. Camiño polas rúas ateigadas de xente, mais vou soa cos meus pensamentos. Pero, que penso? Nada. Dígome "tés que saír máis, barrenar menos".