CAST / GAL

Separados
Halley, 15, Ordes

Perdinte. Perdinte completamente.
Agora dinme que deixe de mirar cara a atrás, mais fáiseme imposible porque síntome atrapado no lume do inferno, mentres te vexo escapar.
Todo semella como se o mundo se fose acabar. Eu nunca tentaría fuxir de ti. Estou afogando neste lume que ti creaches.
Sempre fuches un soño imposible para min. Nunca pensei que conseguiría estar ao teu carón. Mais míranos agora. Camiñando separados por esta verea de soños rotos da que ninguén consigue escapar.
Compartir: