CAST / GAL

Mentres camiño
Xaias, 48, Vilagarcía de Arousa

Preto da curota estaba, erguida e de costas. A súa trenza branca e longa como eu a lembraba. Si, é ela! Pensei, ou quizais non o era. Íame achegando mentres os recordos me facían chorar.
—Aboa! Es ti? Xirouse e sorriu. Claro que era! Miroume con cariño mentres sacaba do escote un pano feito bola, nel como lembraba, unha morea de moedas.
—Gárdaas, e non as vaias perder!
Estirei as mans para coller o pano, pero só puiden rozar a súa man, esvaeceuse nun intre. Estremecín e volvín en min, collín folgos e continuei o meu camiño.
Compartir: