CAST / GAL

Seguir navegando
Francisco Veiga, 54, Ames, A Coruña

Traballei arreo a vida enteira. Tiven compromisos persoais que ocuparon o que debera ter sido o meu lecer. Inda así, sempre mantiven os meus soños da xuventude e fóronme seducindo outros novos. Quero mercar un barquiño e gozar do meu retiro navegando a vela arredor do mundo. Agora, cando ela chegue de novo á nosa inescusable cita das once da noite, voullo propoñer.
-Imos alá, señor Manolo, ben llo vexo nos olliños que ten falta de mudar ese cueiro para ter unha boa noite e uns doces soños.
Compartir: