CAST / GAL

A bicicleta
Luis, 54, Culleredo, A Coruña

Na soleira do outono, o ceo tiña a dúbida da choiva. As corredoiras pedían poza.
Da bicicleta orixinal só quedaba o ferro, a cor non.
A quen se lle ocorrería pintala de laranxa tendo a cor vermella.
Non tiña freos, quen os precisaba!
Nin gardabarros.
Timbre si.
O manillar reto e longo para protexerse das caídas.
- Subimos coas bicicletas ao castro?
- Vai chover!
- Se chove abrigámonos.
(Oxalá que chova para poder acariñarme preto de ti)
Compartir: