CAST / GAL

Case cada noite
Samv, 37, Noia

Estou contigo outra vez, teño unha nova oportunidade, de novo podo chamarte cada día ao saír de traballar, cando me pasa algo curioso ou teño unha anécdota que contarche. Podo volver a compartir as miñas lecturas e pedir os teus consellos ante unha inquietude. Esperto e tomo conciencia que de novo estaba fantaseando, que a miña cabeza che extraña tanto que necesita crear ese mundo paralelo no que soñarte, non obstante, sei que estás presente como ese faro no medio dun mar embravecido, sempre protector, sempre iluminando o camiño.

Nos soños estamos mellor, mais cando espertamos non podemos esquencer vivir.
Compartir: