Comeza!
José Buceta, 22, Vilanova de Arousa
![](https://www.gadismicrorrelatos.com/images/relatos/rectangular/img8.png)
Cando ía entrar pola porta por primeira vez, o meu corazón semellaba que ía saír pola boca. A piques de entrar, un arrepío tan intenso como unha descarga eléctrica recorreume todo o corpo.
Nese intre, detívenme e din un paso atrás. Non sabía se debía entrar. Invadíronme as dúbidas. Quizais non era o correcto. Non sei como, pero atravesei esa porta.
Agora, catro anos despois, salgo por esa porta da Facultade de Xornalismo por última vez, orgulloso de loitar polos meus soños.
Os inicios non son máis que os primeiros pasos para ser felices. Por iso, nunca teñas medo. Comeza!