He participado en #GadisMicrorrelatos | Microrrelatos Gadis
CAST / GAL

Lúa, 18, Padrón

Finalista

Bágoas mornas esvaraban polas miñas meixelas.

Nunca tivese comprendido a enormidade daquel sentimento de non ter sido o meu peito o seu fogar... Nin o máis extraordinario dos soñadores podería ter adiviñado as dimensións da tormenta que se xerou aquel día dentro de min.

Despois de tantísimo tempo, unha pequena eternidade, tiven o pracer de reunirme coa terra nai. Foi entón cando souben con toda certeza que levo irremediablemente enredado nas entrañas un anaquiño dela, sen o cal nunca chegaría a ser eu mesma.

Son pois orgullosa filla do máis máxico dos territorios, e espero ser quen de reencontralo eternamente.
Compartir: