CAST / GAL

Camiño
LENI, 66, VIGO

Empezou a vida sen ser consciente do que significaba. Un fardel de soños foi surxindo devagar. Carga máxica, engaiolante, prometedora. Co decorrer dos anos decatouse da realidade. Os desexos son só iso, desexos. O que lle fixo vivir foi o camiño percorrido. Os croios e as flores. A luz e a sombra. O miúdo e o inmenso.
Nas súas derradeiras horas decatouse de que vivir é unha montaña e un val, un deserto e un verxel, una averno e un edén. Unha andaina que te leva da man ata o final.
Comprendeu os seus soños e descansou.
Compartir: