Soneca
Raquel, 29, Rianxo
Finalista

Corrín e corrín, a todo canto daban as miñas magoadas pernas. Chegaba tarde, non sabía ben a qué.
Ao lonxe axexaba o mar entre rúas. Era unha tarde treboenta e gris.
Cando por fin acadei a apretuxada e aínda mollada area, un xigante raio de sol saíu entre as escuras nubes e cegoume dende o mar.
Detrás, asomou unha sombra, cada vez máis e máis preto de min e comezou a oírse o ruído coma dun barco...
De súpeto, algo saltou cara min e chantoume os dentes nun brazo...
Era Lila! A miña gatiña, espertándome da miña soneca de sofá.