CAST / GAL

Cárcere
Erre, 18, Carnota

A vida do preso non é tan dura.
Abonda con pechar os ollos e esquecer os barrotes e o frío de outono, e contar os disparos distantes ata durmir. E, unha vez durmindo, tentar quedar canto máis mellor naquel mundo dos soños, da liberdade e do sol, antes que o garda da quenda da mañá o force de volta ós barrotes, ós disparos e ó frío outonal.
E, aínda nese momento, a vida do preso non é tan dura. Abonda con, cos ollos abertos, soñar que as follas secas que entran polos barrotes son, en realidade, cartas da súa pequeniña.
Compartir: