Coa música no sangue
Darío, 32, Vigo
A mañá transcorría amodiño mentres agardaba a miña quenda. Diante de min tiña máis de 100 persoas e detrás, outras tantas. Algúns levaban alí dende moitas horas antes, con sillas e antucas. Como dende a miña posición non podía ver nada e estaba só, púxenme a tararear as cancións polo baixo. Non recordo a primeira vez que fun a un concierto, pero cada vez era como a primeira. Sentir a música nos ósos é unha sensación que engancha coma poucas. Miro de esguello a miña moza e ela tamén está tatareando. Non vexo o momento de que abran!