CAST / GAL

A nada
Lara, 22, Redondela

Facía tempo que non me pasaba isto. Día tras día espertando cun mesmo sentimento: medo. Que me está a suceder? Érgome cun suor frío, cos latexos do corazón rápidos. Sempre lembrando un mesmo soño, ou mellor dito, pesadelo. Estaba eu soa tirada no chan no medio da nada, dunha nada branca, e alí, sen ninguén máis o meu redor, non tiña ningún pensamento, ningunha motivación para erguerme, ningunha curiosidade por saír, ningún soño, nada.
Compartir: