CAST / GAL

Soña para que eu viva
Mónica, 38, Ordes

Só podía vivir a través dos soños doutros. Sorbelos (si, ese era o verbo axeitado) a través das pálpebras deses corpos indefensos e quentes, cansos de rutinas e responsabilidades. Prefería ás persoas que soñaban con campos de flores e música, ou con viaxes... Cantos países visitara grazas a elas! Pero a maioría das noites, debía sobrevivir en mundos oníricos de buracos escuros e caídas eternas. Nunca foi o seu elixir ben ás vítimas.
Compartir: