CAST / GAL

O canto da serea
Xela, 35, A Coruña

A última raiola de sol iluminaba a fazula de Lila. A consistencia dun ar sufocante augurara a tormenta. Orballo corría dun lado para outro. De cando en cando, detíase, ladraba un chisco e lambía a meixela da muller. Só para continuar bulindo de novo, coma un furacán nunha danza infinda pola sala de estar. As tormentas sempre o conseguían pór inquedo. El rompeu o teléfono e fechouse na cociña. A tempestade cesou. Lila aspirou unha bocalada de aire e observou o teito latexante en tons vermellos e azulados. O canto da serea anunciaba o comezo da liberdade.
Compartir: