CAST / GAL

GABINETE DE MARABILLAS
Wunderkammer, 53, Rianxo

Federico de Gadiaecia mira ao firmamento a través das pulidas lentes do seu telescopio antes de sentar a escribir a carta. Intenta dilucidar se soña ou está desperto no seu cuarto de estudo, rodeado de fósiles e pezas de arte traídas de latitudes aínda non cartografadas.

Gadimar remata de ler a carta. Escribíronlla hai catro séculos. Camiña polo gabinete de curiosidades. Federico le, na sala do minúsculo apartamento de Gadimar, a que ela deixou escrita para el. No século XXI. Soñaron catrocentos anos nunha noite, intercambiando os espazos e tempos nos que habitan. Ringleiras fermosas de firmamento.
Compartir: