CAST / GAL

Os comezos herdados
Álvaro, 34, A Coruña

Chegou a noitiña na Costa da Morte, o vento zoaba de nordés e o mar ruxía forte coma un gol en Riazor para acadar o cobizado ascenso. Non quedaba ninguén no peirao, onde á mañá non había oco nin para o grallar das gaivotas doentes dalgún peixe, dos que as veces escorregan das caixas.
Chegara na bicicleta do meu avó, do que tamén herdei esa cana de pescar que facía vinte anos non probara a auga do porto de Malpica. Tralo primeiro lance, unha gota molloume a meixela. Fíxome sorrir.
Compartir: