Mellora para mal
Rosa do Val, 24, Carnota
Decidín operarme os pés.
Eran tan anchos que me facían tropezar aínda que, cómpre recoñecelo, nunca chegaba a caer. Recuperaba o equilibrio coa dignidade xusta.
Atopei unha persoa -sempre aparece alguén- capaz de reducilos dous centímetros na parte dianteira. Estreiteinos.
Seguinte problema: os nocellos. Sempre hai un seguinte problema cando un emprende o camiño das melloras. Reducínnos.
Na actualidade, teño uns pés de anuncio. Caio seguido. Tropezo e caio. Bato co chan coa puntualidade dun reloxo estragado. Non hai queixa porque aínda podo ergerme.
Pagou a pena o cambio?
Pois revisemos a ciruxía innecesaria, tamén, o da necesidade.