CAST / GAL

Ás veces é mellor soñar que estar esperto
O señor engremo, 41, Vigo

Como cada mañá antes de ir á oficina, pasei polo meu quiosco a mercar o xornal. Pero esta vez pasaba algo raro: había unha fila longa para entrar e a xente falaba nerviosa entre si. Cando chegou a miña quenda comprendín o motivo, pois todos os xornais publicaban a mesma nova nas súas portadas: por acordo unánime da Asemblea da ONU detíñanse tódalas guerras e os gastos militares serían destinados a escolas e hospitais. Belisqueime no brazo para asegurarme de que non estaba a soñar. De repente, soou o espertador. Eran as 7 e tiña que erguerme para ir traballar.
Compartir: