CAST / GAL

Hoxe soñei comigo.
Todatoxo, 31, Pontedeume

Estamos xuntas, máis nun rato terei que marchar, porque estes ollos xa teñen présa por abrirse.
Non quixen máis que agarrarte, como quen suxeita un candil aceso no escuro e tórnase en claridade. É curioso, nunca quixen pertencerme canda ti. Só pensarte, agarimarte e verte medrar. Na miña testa es como o recordo do que está por vir, o alcanzábel do desexo subconsciente, a autonomía de movernos ao meu antoxo polo descoñecido.
E aquí estou, véndote chegar, co íntimo tic-tac sonando de fondo.

Eu... teño que marchar xa.
Sintoo.
O despertador berra que desperte,
e desperto.
Hoxe, realmente, soñei comigo.
Compartir: