CAST / GAL

A melodía do riso
Mar Cabo Illa, 53, Vilaboa

Unha canseira infinda gobernaba a vida de Antía dende había meses. Non vía a ninguén, nin quería; non había ilusión nin esperanza. Todo o que antes era significativo, deixara de selo. Pechaba os ollos, desexando que volvese a noite.
Así, sempre.
Aquela mañá, os nenos foran para a escola e a muller arrasada poñíase en modo supervivencia. Saíu do cuarto á cociña para almorzar. Ducha, vestido e saída a fóra.
A gran pregunta: Hoxe si? Si. Non había tristura e un aire agradábel entraba, por fin, no seu peito embazado. Acabara o tempo do silencio e comezaba unha nova melodía.
Compartir: