He participado en #GadisMicrorrelatos | Microrrelatos Gadis
CAST / GAL

Sandra, 21, Lugo

Meses de rúas baleiras e soidade extrema.
Meses de videochamadas e teletraballo.
Todo o cotián agora semella estraño. Unha simple visita ao supermercado en pleno confinamento, acababa cunha sensación de ilegalidade e afogo. Pensar en visitar praias e natureza viase cada vez mais lonxe naqueles momentos.
Agora saímos de todo. E con coidado podemos volver a vivir.
Pero que raro se ve.
Unha caña con amigos, unha comida familiar ou unha visita express a dia de hoxe é máis especial que unha cena de noiteboa ou que a festa da parroquia.
Algo que levamos esperando moito tempo.
Unha necesidade máis.
Compartir: