CAST / GAL

Demasiado tarde
Carlota, 26, Monforte de Lemos

Esmorecían as bágoas pola súa cara e o son do amencer enchíao todo.
Dez minutos antes ninguén sabía que era o que estaba a acontecer naquela casa.
Carliños saíu cedo e, de súbito, viu a luz prendida. Chamou por Carla, pero non tivo resposta.
Escoitáronse entón dúas palabras: "foi el".
Carla non volveu falar e Carliños deixou de ser quen era.
Compartir: