CAST / GAL

Vixilia dun soño
Alaitz, 17, Cambados

Non teño tempo para soñar cando te achegas. Non teño tempo para pechar os ollos.
Observo os campos infinitos, a música case imperceptible, os fogares ao lonxe.
Pregúntome se me imaxinarán tamén, arrolándome co vento nunha noite clara.
Non teño tempo para soñar cando a vixilia é máis milagreira cá mellor das ilusións.
Compartir: