CAST / GAL

Macías
Carmina, 76, Lugo

Corría eu pola area húmida da praia. Gustaba do ar fresco e salgado que me batía na fronte, nas fazulas, nos beizos. Ao lonxe, o meu amor Macías reflectindo a luz do sol no seu rexo corpo mollado. Corremos ata fundirnos en repetidos bicos e abrazos. Naquela infinidade pura, ós vinte anos, con tódolos sentidos vibrando, en comuñón amorosa perfecta, o mundo e a vida son marabillosos...

Espertei.

Como todas as mañás, miña nai acomódame na cadeira de rodas. Albisco un cachiño de océano lembrando a miña vida de antes do accidente no que fiquei viúva do meu Macías.
Compartir: