CAST / GAL

O viaxe de Noa
Laura, 35, Vigo

-Pecha os ollos.
-Prométesme que non vai pasar nada?
-Péchaos, faime caso, vaite gustar. Só escoita e logo me dis.
De súpeto, o acorde dun piano viaxaba pola habitación, unha melodía que facía que a pel de Noa se estremecera. Unha melodía nunca escrita, nunca escoitada, que deleitaba aos seus oídos e facíaa viaxar a través do tempo a un lugar no que non estivera nunca. Unha bágoa esvaraba pola súa cara e debuxaba un sorriso nos seus beizos.
-E ben, qué sentiches?
-Que quero volver a descubrilo.
-Descubrir o qué?
-Que podo tocar a felicidade coas miñas mans.
Compartir: