CAST / GAL

Soño de catro patas
Silvia, 43, Ferrol, A Coruña

Uns esperan que os seus soños acontezan polo día; outros, á caída da noite.
Cando a inconsciencia me presta a chave da porta do faiado, apresúrome. Quero verte axiña. O teu tempo é infinito, o meu rematará cedo.
Detrás das caixas cheas de recordos, atópase a sua campa favorita, ateigada de maxia. Alí estará agardando, coma sempre, disposto a recibir aloumiños e con ancellos de xogar.
Tentamos non facer moito barullo. Se o orballo nos escoita, ponse celoso e trae de volta a miña consciencia.
- Baël, sabías que algúns soños cumpridos poden rematar en pesadelos?
Compartir: