Tras 4 estacións
Silvia Cambón, 23, A Coruña
Tercer premio

Cada 1 de xaneiro, escribo nun papeliño as miñas metas para o ano que entra.
E cando pasan 4 estacións, busco o papeliño que me escondín a min mesma.
Sempre consigo un terzo ou cuarto dos que tiña escritos.
Outros tantos mudaron ao longo do ano.
E outros quedan aprazados para o próximo.
O máis divertido e voltar descubrir aqueles que mudaron,
Sorpréndeme as cousas que anhelaba hai un ano,
e anímame ter descubertas novas motivacións durante os últimos meses
Así coñézome a min mesma,
A través dos meus soños,
E eles coñécenme a min.