CAST / GAL

Achégate a min, meu ben
Victoria, 55, Pedrido, Santiago de Compostela

Achégate a min, Amoriño,
que te quero contar:

Soñei que os coches
marchaban propulsados por aire,
e que a chama das queimas nos montes
era lume de paixón.

Que todos os virus
infectaban de bondade o sangue,
e que as pragas...
Ai, aquelas pragas!
Eran pragas de amor.

Quen nos vería nun mundo
sen odio nin rancor,
sen armas nin fame,
nin cousas que causen dor.

E,
Poñamos que houbera guerras,
non imos pensar que non,
pero que esas guerras,
non foran feitas de cobiza,
de crueldade e de temor,
senón loitas como son as nosas:

competindo polo bico mellor.
Compartir: