CAST / GAL

A sesta
Chus A., 45, A Coruña

O luns pola tarde tiven un soño: era tan pequecha, tan pequecha, que cabía polo furadiño dunha agulla de coser. Xogaba a pasar dun lado a outro.
Alguén intentou enfiar a agulla cun fío amarelo. Esquiveino e seguín a saltar, agora á corda.
Inesperadamente, apareceu un dedo cunha alferga e esmagoume.
Maldita fugacidade da felicidade.
Compartir: