CAST / GAL

Avoíñas
Emma, 48, Oleiros, A Coruña

Pecho os ollos e vexo a túa cabeza xa nevada, os ollos intelixentes, as túas mans enrugadas pero agarimosas, o teu perfume a lavanda ou a colonia fresca.

Acordame a túa música, a mesma que agora estou a escoitar...

E de novo veñen os olores da cociña o axudar coas papas de millo, as filloas, o arroz con leite que deixaba no aire o olor a laranxa, limón, azucre e canela.

E lémbrome das túas charlas, das risas, da complicidade e do teu mirar cando algo non ía o teu xeito.

Que non me digas que non estás AVOIÑA!
Compartir: