Lección de nai feliz
Andreia, 43, A Cañiza, Pontevedra

Unha “nena” senta á mesa lambe as esbrancuxadas peluxes do fociño: brancos de vida e leite. Almorza con devezo ata a derradeira gota da cunca. É tanta a ledicia que se sabe feliz no instante. Gozosa e cheiña de engurras dime:
—Nunca bebín algo tan rico!
—Queres máis?
—Siii...
Esta rapariga de 72 anos marabíllase das cousa boas e sinxelas coma cando na nenez descobres que os barcos de papel tamén flotan. Mamá apréndeme a soñar no punto de inocencia que dá o seu anoitecer cognitivo.
Encho dúas cuncas de ouro branco e saboreamos.