CAST / GAL

Un chisco máis
Mer, 28, Vigo

Soñar era espertar cada mañá e dar un paso máis. Ignorar os que torcen o bico e grallan “non o lograrás”. Comer ben, cerca do porto. Sentir o vento contra o peito e bater con máis forza. Un quilómetro máis, cada vez máis preto da montaña no mar. Outro e outro máis. Chiar de ledicia. A gaivota soñou cada día ata que aterrou sobre a terra no medio da auga. Soñar é facer cada día un chisco do que che gusta, até que non haxa diferenza entre soño e realidade.
Compartir: