CAST / GAL

Telescopio
Fatimita, 41, Castrelo de Miño

Celia ten oito anos, é a miña afillada. Encántaballe ir a Bonilla, e a xente ollaba para ela, co seu cabelo loiro e crencho, comía o chocolate con churros sen que lle caese nin unha pinga. Encántalle nadar e ir a casa dos peixes. Cuidouna sempre a avoa Carmen, agora ela cuida da súa irmá Carmen acariñándoa igual para durmir. Cando lle preguntei que lle podía mercar de agasallo polo seu aniversario, díxome : “ Madri, eu quería un telescopio, para ver a avóa Carmen, que está alí coas estrelas”.
Compartir: