CAST / GAL

Trahamunda
Patrinha, 45, Rianxo, A Coruña

Xa non sei se soñei cos ollos abertos ou fechados, pero o certo é que, tan lonxe da terriña, aquel secarral facía emerxer a morriña como nunca antes sentira. E sendo atea perdida pedinlle a Santa Trahamunda: "Santa Trahamunda, Santa Trahamundiña, lévame de novo á miña terriña".
Aquela ladaíña repetiuse no maxín, no subconsciente, nos soños e mesmo nos pesadelos (é ben sabido que non é o mesmo un mal soño coa Santa Compaña nun monte verdecido que na estepa máis absoluta). E así como a santiña lograra para si, cos seus rezos volver ao seu lar, maxicamente; VOLVÍN.
Compartir: