CAST / GAL

Tira da corda
Macha, 44, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra

Estou canso de contar, día tras día, as humidades do teito apodrecido mentres agardo, neste leito agoniante, que Morfeo (en tanto que non chega a Parca) veña por min. O soño sempre se repite: acariño paseniñamente, case con dozura, a corda que me cingue o pescozo e lembro as túas mans, de antano agarimosas, suxeitando a miña face antes de me bicar. Esas mans que agora me teñen prostrado neste buraco pestilente, onde ata os monstros que habitan baixo a cama tremen cada vez que escoitan os tacóns altos dos teus zapatos achegarse ao noso abismo.
Compartir: