CAST / GAL

Querida mamá
María, 24, A Coruña

Querida mamá: hoxe cumprín o meu soño.
Que longo foi o camiño. Que duro.
Pero ti sempre estiveches aí.
Estiveches aí os días nos que as forzas e a ilusión esquecían facer a súa aparición.
Estiveches aí, coma un faro, marcando o seguinte quilómetro a percorrer cando eu non era quen de velo.
Estiveches aí sempre, sendo o estrelampo entre cada treboada.
Querida mamá: mentinche.
Non cumprín hoxe o meu soño. O meu soño cúmprese tódolos días.
Porque, a verdade é, que o meu soño sempre foi ser coma ti.
Compartir: