CAST / GAL

1912
Onda, 30, Santiago de Compostela, A Coruña

Por máis que o tempo brinca non deixan as túas lembranzas de tanxer en min. Marabíllasme e encarríscote, perenne testemuña. Ti agromas no inmortal pedestal que amaina o renxer dos meus medos.
Miña terriña, acuruxas os soños que irei espallando no orballo madrugador; acubíllasme tamén os segredos que me gardas no celeiro.
Retornarei a ti?, á torta de millo?, ás canivelas dos foguetes?
Soño cun futuro máis próspero, cun traballo digno e gratificante.
Xa peta en min a morriña do emigrante e aínda está comezando a navegar o Titanic. Retornarei a ti?
Compartir: