CAST / GAL

Cousa de meigas
Bárbara María, 29, Pontevedra

PRÓLOGO

A ciencia di que non podemos sonar con descoñecidos. Que xa os vimos nalgún momento.
Polo que podémonolos volver a atopar.

-

Cada noite, a meiga enfeitizaba ao home cos seus ollos café e o seu peiteado salvaxe.

En cada luar, a meiga afastábano da súa eremita realidade. En cada albor, o sono desfacíase entre a brétema dos primeiros raios de sol.

Vivía en sonos. Durmía en vida.

Ata que, ocorreu.

Nun intre, chocou cos ollos café nun momento cotiá.

Ciencia ou bruxería.

Ámbolos dous o souberon cun so ollar... Nesa ou noutra vida, xa coincidiran.

E entón, espertou.
Compartir: